O Nacional infantil, primeiro Campionato de España de Natación Sincronizada que aterra en Pontevedra
Por Redacción
Preto de 300 nadadoras de entre 12 e 14 anos de 34 clubs reuniranse os días 14, 15 e 16 de xuño na Piscina de Ponte Muíños para disputar o Campionato de España de Natación Sincronizada Infantil.
Trátase da primeira ocasión que un torneo destas carácterísticas se organiza na cidade, que experimentou un importante crecemento en número de nenas federadas nos últimos anos.
O Club Galaico Sincro organiza o evento, que contará con todas as modalidades deste deporte: figuras, solos, dúos, combos e equipos.
O feito de que o campionato se celebre en Galicia propiciou ademais que varios equipos galegos puidesen inscribir as súas nadadoras. Nesta ocasión son cinco os clubs da Comunidade que confirmaron a súa presenza en Pontevedra.
O Centro Deportivo Rías do Sur acolle este sábado a gran cita galega coa natación sincronizada. Chega a fin de temporada coa participación dos Clubs Galegos de Nivel e a entrega de premios ás mellores da sincro galega do ano.