Abrumadora derrota do Peixe ante o Azuqueca, ata esta fin de semana colista dos play-off (77-101)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
O Peixe Galego, tras a vitoria da pasada semana ante o Real Murcia, desaproveitou a oportunidade de mellorar a súa situación na táboa de cara aos sete partidos que restan da segunda fase da tempada ao non ser quen de derrotar na Raña ao Basket Azuqueca. Os alcarreños, pola súa banda, abandonaron o último posto da clasificación.
A pesar de que a priori se esperaba un choque bastante equilibrado, o cadro marinense foi notablemente inferior durante os 40 minutos de xogo. Empezou xa moi forte o equipo de Alcalá de Henares, que aos dez do inicio do mesmo xa dobraban aos locais no marcador (16-32), feito que deixaba claro a estes últimos que quedar cos dous puntos non sería tarefa fácil. Aínda estando máis igualado o segundo cuarto, estes non conseguiron grandes cambios no electrónico (33-52). A falta de esperanza na remontada reinaba na bancada.
A dinámica foi a mesma durante o segundo período. Os do Azuqueca seguiron sendo superiores en todas as facetas e, apoiados en Solarin e Hidalgo (18 puntos cada un), conquistaron A Raña e cun resultado abafador para os anfitrións (77-101) levaron merecidamente os dous puntos a Guadalajara.
Tras a derrota, tócalles agora aos marinenses preparar o encontro da próxima xornada, para o que terán que viaxar á Comunidade Valenciana. Un choque complicado para eles, xa que se enfrontarán ao líder, o HLA Alicante, que empatado co CB Villarobledo.
Relacionadas:
-
O Peixe é superior no choque directo ante o Básquet Girona na Raña (82-72)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Un aplastante terceiro cuarto condena o Peixe ante o CB Villarrobledo (98-75)
Por Sofía Lorenzo |
-
Importantísima vitoria do Peixe ante o favorito ao ascenso, o HLA Alicante (56-64)
Por Sofía Lorenzo |
-
Peixe Galego recupera opcións ao vencer con autoridade en Murcia (52-64)
Por Redacción |
-
Ao Peixe Galego escápaselle no último cuarto un partido vital ante o Almansa (82-90)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Primeira vitoria do Peixe nos play-off ante o Básquet Girona (63-70)
Por Redacción |