Javier Gómez Noya busca a súa terceira Copa do Mundo en Nova Zelanda
Por Diego Espiño
A misión é complicada. Javier Gómez Noya esgotará ata o final as opcións de proclamarse campión da Copa do Mundo na última cita do calendario en Auckland, Nova Zelanda (domingo, 2:00 da madrugada hora española), pero necesita case dun milagre para arrebatarlle o título ao pequeno dos irmáns Brownlee, Jonathan, a quen lle vale con rematar terceiro sempre e cando Gómez Noya gañe a proba.
O triatleta galego chega nun bo momento de forma ao final de tempada, como explica o seu adestrador Omar González, "el año se basó entorno a los Juegos Olímpicos pero el parón ocasionado por el esguince en Pontevedra nos permitió coger aire y llegar con fuerzas a este momento".
González ve complicada a fazaña ante a calidade de Jonathan Brownlee, aínda que asegura que Javi pelexará ata o final, "la situación es realmente difícil. En primer lugar nosotros deberíamos de ganar pero es que después debemos de dejar a Jonathan fuera del podio, lo que es casi más difícil ya que lleva 17 consecutivos, pero no vamos a asegurar nada y lucharemos por ser campeones. Después que pase lo que tenga que pasar".
O británico Brownlee, a pesar da vantaxe, asegurou na rolda de prensa previa á carreira que non se fía de Gómez Noya, a quen gabou, "a súa gran fortaleza é que non ten ningunha debilidade".
A proba ser pode seguir en directo a través de triathonlive.tv