O Pontevedra recibe ao Celta B envolto nun mar de dúbidas
Por Diego Espiño
Dúbidas no xogo, con erros de concentración que están a lastrar aos granates en liga, e dúbidas en relación ao estado físico de varios xogadores do primeiro equipo. Con ese panorama recibe o Pontevedra ao Celta B en Pasarón (Domingo 17:00 horas).
O filial vigués parece, a teor do visto ata agora na Terceira División, o equipo máis forte da competición xunto ao Rácing de Ferrol. Así o ve Milo Abelleira, que coñece ben o próximo rival, "tienen varios jugadores que entrenan regularmente con el primer equipo, con lo que tienen más ritmo e intensidad. Va a ser muy complicado".
O técnico granate insiste na necesidade de corrixir os erros dos últimos partidos para poder gañar ao Celta B. Se é necesario, renunciando ao xogo combinativo das primeiras xornadas, "no debemos pensar en los rivales, solo en nosotros. Tenemos que ser más duros en defensa, no cometer esos fallos gratuitos, a lo mejor no jugar tan bien o pensando en la grada y dar menos facilidades, porque el Celta es un equipo que aprovecha muy bien esos errores".
Non o terá doado Milo para compoñer a defensa ante a probable baixa de Sestelo. O central segue con bastante dor na cadeira, con problemas para realizar xiros, e na última sesión exercitouse á marxe do grupo. A pesar diso entrou na convocatoria pero o adestrador pontevedrés, en previsión de que non mellore, citou tamén ao defensa do filial Yago Vázquez.
O resto de xogadores tocados, Richi, Stefan e Moisés, si adestraron na última sesión preparatoria, aínda que o último deles con máis dificultades afectado dun forte arrefriado.