O Poio Pescamar inicia a liga cun derbi en Burela
![Manu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/c92/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/613a3b2f4f-20210902-patxot-radio-programa-deportes-1889.jpg)
Por Manu Otero
O calendario da nova tempada da máxima categoría do fútbol sala feminino español xa está deseñado. A liga comezará o 14 de setembro cun partido complicado e de rivalidade para o Poio Pescamar, que se medirá ao Burela, as vixentes campioas da Copa da Raíña e unha das principais aspirantes ao título de liga.
O primeiro partido no pavillón da Seca para as rojillas chegará unha semana máis tarde coa visita do Alcorcón. O club que dirixe Juanjo García pechará a tempada fóra de casa cun partido ante o A. D. Salga Zaragoza.
Os outros dous derbis galegos que haberá durante esta campaña terán lugar nas xornadas 8 e 23 ante o Ourense Envialia e nas semanas 11 e 26 contra o Cidade de As Burgas.
Co calendario xa pechado, desde as oficinas do conxunto conserveiro ultiman os preparativos para o inicio da pretemporada e o peche dun plantel que continúa sen adestrador despois de que Dani Díaz decidise non continuar no cargo.