Dinamarca afianza o seu dominio cunha plácida vitoria sobre Arxentina no Municipal de Pontevedra
Por Manu Otero
A fase de grupos do Mundial Júnior de Balonmán que se está celebrando en Pontevedra e Vigo entra na súa recta final. Moitas das favoritas para facerse co título confirmaron ao longo destas tres xornadas a súa candidatura. É o caso da selección danesa que, tras derrotar pola mínima a Noruega e superar con claridade á poderosa selección alemá, confirmou este venres as súas boas sensacións cunha exhibición sobre Arxentina.
A pesar da evidente diferenza de potencial entre ambos os equipos, Arxentina conseguiu poñérllelo difícil aos líderes do grupo durante a primeira parte do partido que os enfrontou na mañá deste venres no Pavillón Municipal de Pontevedra.
Foron a actuación baixo paus de Salah Boutaf e o acerto anotador de Emil Laerke os que terminaron de desequilibrar a balanza en favor do combinado nórdico. Os seis minutos sen anotar de Arxentina nos primeiros minutos do segundo tempo resultaron cruciais e permitiron aos daneses facerse cunha vantaxe que lograron conservar ata o final (23-31).
Nos outros enfrenamientos do grupo D, Alemaña regresou á senda dos triunfos despois de vencer con folgura a Chile (39-22) e Noruega mantén o seu pulso cos daneses ao sumar a súa terceira vitoria consecutiva á conta de Islandia (19-29). A falta de dous partidos para concluír a primeira fase, as seleccións eliminadas serían Arxentina e Chile, que contan os seus partidos por derrotas.
Na tarde deste venres disputouse tamén no Municipal pontevedrés a terceira xornada do grupo C, na que Portugal sumou o seu segundo triunfo consecutivo, despois de perder no seu debut ante Brasil, contra Kósovo (32-21).
Pero o partido máis trascendente da tarde foi o que enfrontou a Croacia e a Hungría co primeiro posto do grupo C en xogo. Os húngaros foron incapaces de manter o nivel que os levou a conseguir dúas vitorias consecutivos e caeron ante os balcánicos (37-32), que acumula un pleno de triunfos que os sitúa como líderes en solitario do grupo. Pola súa banda, Brasil venceu a Bahrein no derradeiro segundo do partido (27-26).
Na sede viguesa de As Travesas disputouse a terceira xornada dos grupos A e B. Neste último, Francia e Exipto manteñen o seu pulso polo liderado coas súas respectivas vitorias sobre Australia (50-11) e Suecia (32-22). No outro partido do grupo, Corea do Sur logrou a súa primeira vitoria do campionato despois de superar a Nigeria (30-42). As catro selección que pasarían a seguinte quenda de rematar así a fase de grupos serían, nesta orde, Francia, Exipto, Suecia e Corea do Sur.
No grupo de España, Estados Unidos non podo facer nada ante o vendaval esloveno (43-19) e nun dos partidos máis apertados do campionato, Tunes venceu pola mínima a Xapón (26-25).
Podes consultar aquí as clasificacións dos catro grupos do Mundial Júnior de Balonmán.
Relacionadas:
-
Portugal elimina a Alemaña na prórroga e Dinamarca sofre diante de Hungría
Por Manu Otero |
-
Croacia e Dinamarca avanzan a oitavos de final do Mundial Júnior de balonmán como primeiras de grupo
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
España, a polo liderado de grupo no Mundial Júnior de balonmán
Por Redacción |
-
Dinamarca cae ante Islandia e dá emoción ao grupo D do Mundial júnior de balonmán
Por Sofía Lorenzo & Cristina Saiz |
-
Nenos e nenas de Pontevedra coñecen o "presente e futuro" do balonmán español
Por Redacción |
-
Croacia arrebata o liderado do grupo C a Brasil en Pontevedra na segunda xornada do mundial de balonmán
Por Manu Otero |
-
Sufrida vitoria de España sobre Tunes para asegurar o liderado
Por Manu Otero |
-
Dinamarca afoga a Alemaña en Pontevedra e Islandia colócase líder do grupo D
Por Manu Otero |
-
Brasil sorprende na primeira xornada do Mundial ao derrotar a Portugal, unha das favoritas
Por Manu Otero |