Marín corre en homenaxe a Manuel Rosales
Por Redacción & Diego Torrado
As rúas da localidade de Marín acolleron, este sábado, a xa tradicional carreira +10 Manuel Rosales, que este ano celebrou o seu oitavo aniversario. Como xa é habitual, o arco da Escola Naval Militar foi o punto de saída e entrada da proba, que contou con preto de 530 corredores adultos e máis de 280 menores.
Os participantes tiveron que completar dúas voltas ao percorrido, que partía da Alameda para dirixirse cara á Avenida de Ourense (en sentido Bueu). Despois de facer a entrada ás instalacións navais, debían chegar ata o espigón e saír, a continuación, cara ao mercado, Comisaría de Policía Nacional e encamiñarse hacia Cantodarea por, de novo, a Avenida de Ourense para regresar ao punto de partida. Facendo un total de 10 quilómetros polas rúas da vila.
A proba comezou ás 22:00 horas, polo que anoiteceu durante a mesma, algo que atrae aos corredores para inscribirse, ademais de espertar curiosidade nun bo número de viandantes e interesados.
A entrega de premios realizouse ao redor das 23:45 horas na Alameda de Marín, onde foron galardoados os tres primeiros clasificados de cada categoría. Joselyn Brea foi a primeira muller en cruzar a liña de meta despois de 36 minutos e 26 segundos, seguida por María del Rosario Figueroa, que o completou en 40 minutos e 5 segundos. A terceira praza pertence a Ángeles Castro (41:00). Romaric Forques non só terminou primero do grupo masculino, senon que tamén logrou o récord do circuito. Esteban Iglesia foi segundo e Manuel Lorenzo terceiro.
Previamente á carreira grande da xornada, celebráronse outras pensadas nos corredores de categorías inferiores, onde estes tamén puideron tomar parte na actividade que homenaxea a Manuel Rosales. Estas comezaron ao redor das 20:30 e contaron cun traxecto máis reducido que a anterior.
Ademais, ao longo da tarde, os asistentes puideron gozar de diferentes atraccións pensadas nos nenos, concertos para amenizar a cita e diversas exhibicións.
Relacionadas:
-
Todo Marcón volve botarse a correr
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
A carreira Manuel Rosales obriga a cortar o tráfico en Marín
Por Redacción |
-
Marín inicia a conta atrás para a carreira +10 Manuel Rosales
Por Redacción |
-
A carreira popular +10 Marín Manuel Rosales inicia a conta atrás da súa oitava edición
Por Redacción |