
© Club Natación Galaico
Alicia Bouzas pecha o Nacional Infantil de natación coa súa segunda medalla, no 800 libre

Por Redacción
Broche de prata para Alicia Bouzas no Campionato de España Infantil de Natación que este martes chegou ao seu fin nas piscinas de Picornell, en Barcelona.
A deportista do Club Natación Galaico, que o luns se proclamara subcampioa nacional no 400 libre, conseguiu a súa segunda medalla de prata do campionato na proba do 800 libre.
Bouzas finalizou a proba cun tempo de 9:16.72, o que supón rebaixar a súa mellor marca persoal. Quedou lonxe do ouro que conseguiu Elena Margüello (CN Las Anclas) cun rexistro 9:06.03, pero amarrou a prata con marxe sobre Martina Gómez (Universidad Sevilla) que levou o bronce con 9:19.56.
Este resultado confirma a gran progresión da nadadora pontevedresa, que nas dúas finais disputadas conseguiu mellorar as súas marcas codéandose coas mellores nadadoras nacionais da súa idade.
Relacionadas:
-
Catro nadadores defenderán o Natación Galaico no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
O Natación Galaico contará con 320 nadadores para a nova tempada
Por Redacción & Diego Torrado |
-
María Vilas e Bea Gómez son subcampionas de España
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Medalla de prata para Alicia Bouzas no Nacional Infantil de natación
Por Redacción |
-
O Campionato Galego Absoluto de natación queda na casa
Por Redacción |
-
A promesa do Galaico con diabetes que cambiou o regulamento da natación
Por Manu Otero |