A escola de piragüismo Ciudad de Pontevedra conquista o XLII Trofeo Princesa de Asturias
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
A praia de Baltar en Portonovo era o punto de partida para esta prestixiosa proba de embarcacións K4 e C4 á que acudiron a totalidade dos clubs galegos.
Ás 11:30 desta mañá dábase a saída do XLII Trofeo Princesa de Asturias, organizado polo Club Confraría de Pescadores Portonovo, na que tomaban parte todas as embarcacións K4 e C4 das categorías senior e veteranos. Á mesma hora na praia de Combarro partían cara á cidade do Lérez, as categorías cadete e xuvenil na modalidade de K2 e C2.
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra fíxose co trofeo de vencedor por terceiro ano consecutivo ao sumar con 1.635 puntos, os pontevedreses superaron na clasificación por equipos ao Club Náutico Pontecesures tras sumar 1.162 puntos mentres que a terceira posición que a terceira praza foi para o Piragüismo Vilaboa, con 960 puntos.
O conxunto dirixido por Miguel Ángel Villanueva levou en propiedade o trofeo, despois de gañalo en cinco ocasiones, tres delas consecutivas.
Unha vez realizados os 20 quilómetros dos que constaba a proba, a primeira embarcación K4 en cruzar a liña de chegada situada na ponte dos tirantes, foi a de Diego Castro, Javier Conde, Antonio Palmás e Breixo Buján do Piragüismo Vilaboa cun tempo de 01:11:37 milésimas, segundo sería o cuarteto do Piragüismo Portonovo de Iván Domínguez, Adrián Torres, Francisco Silva e Isaac Silva sendo o terceiro posto para Jose Del Valle, Pablo García, Martiño Beloso e Adrián García do Naval de Pontevedra.
Polo que respecta á clasificación de C4 a tripulación formada por Miguel Fernández, Noel Domínguez, Adrián Fernández e Javier Bernal foi a vencedora de hoxe, seguíronlle en segunda posición a outra embarcación do Ría de Aldán de Rubén Paz, Nicolás Barreiro, Pedro Reguera e Abel Dacosta, a terceira praza do podio correspondería á tripulación do E. P. Ciudad de Pontevedra formada por Álvaro Núñez, Jaime Duro, Pablo Crespo e Diego Piñeiro.
A vitoria na categoría feminina correspondería para a embarcación do Club de Mar Ría de Aldán formada por Carmela Menduiña, Araceli Menduiña, Marta Iglesias e María Rodríguez, o podio completábano as súas compañeiras de equipo Paula Rodríguez, Jéssica Moledo, Covadonga Carballido e Noelia Moledo en segundo lugar mentres que a terceira posición foi para Rosa Barros, Eva López, Kissy Torres e Mónica Piñeiro.
O resto de vencedores na categoría cadete foron Anxo García e Mauro Domínguez (Piragüismo Verducido) en K2, Gael Bustelo e Alfonso Álvarez (Náutico Pontecesures) en C2, Ana Costas xunto con Lucía Navaza (E. P. Ciudad de Pontevedra) vencían en K2 e Antía Otero formando parella con Ángela Jorge facíao en C2.
A vitoria en K4 xuvenil correspondeu a Daría Rodríguez, Rubén De Diego, Manuel Rivas e Marcos Pérez. Pola súa banda Iago Romero e Javier Ordóñez (Náutico Pontecesures) e Irene Latexe xunto a Xema Alonso (Ría de Betanzos) gañaron en C2 e K2.
Por último, na categoría veterano a medalla de ouro conseguiuna da piragua de Carlos Pedreira, Ernesto Cancedo, Jose García e Antonio Polo.
Relacionadas:
-
Jenifer Casal, Raquel Rodríguez, Jaime Sobrado e Óscar Graña xa teñen a súa praza no Mundial de distancia maratón
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Dous ouros e dúas pratas na primeira xornada do Campionato de España Maratón
Por Sofía Lorenzo |
-
O pase ao mundial de China de piragüismo maratón decídese en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Catrocentos piragüistas remarán desde Baltar ata Pontevedra
Por Redacción |