Ana Rivera, do Poio Pescamar, entra na convocatoria da selección española
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A xogadora do Poio Pescamar, Ana Rivera, acompañará á gardameta Silvia Aguete na concentración que a selección española realizará en Huelva entre o 29 de setembro e 3 de outubro.
A ala pivot, que se incorporou este verán ao conxunto rojillo, entra na lista de Claudia Pons en substitución da lesionada Patricia Ortega, do UCAM O Pozo Murcia.
A seleccionadora revelou este venres a lista de xogadoras que se enfrontarán a Portugal en dous amigables. Ademais das vermellas Aguete e Rivera, na lista está tamén Jenny Lores, que este verán cambiou Poio por Burela.