O Leis deixa escapar dous puntos do Municipal pero mantense na pelexa (2-2)
Por Redacción
Lixeira freada ás súas aspiracións a que sufriu o sábado un ambicioso Leis Pontevedra, que a pesar de todo mantense a pouca distancia dos postos de honra na Segunda División B do fútbol sala nacional.
Os de Mikel Diestro foron superiores ao Universidad de Valladolid no Municipal, pero viron como voaron dous puntos nos últimos segundos cun gol do visitante Leal (2-2).
Tras unha primeira parte sen goles, foi o Valladolid o que tomou a dianteira co primeiro tanto de Leal ao pouco de comezar o segundo acto. Con todo os locais non perderon a compostura para remontar o encontro, primeiro cun gol de Cley e despois con outro de Dani.
Faltaban dous minutos para a conclusión e o Universidad tirou do porteiro-xogador para poñer en problemas o Leis, atopando premio xa no último minuto ao lograr a igualada.
O empate deixa aos pontevedreses, tras catro xornadas de liga, con 5 puntos no seu marcadora e no posto 12 dunha igualada táboa, xa que se manteñen a só 2 puntos do cuarto clasificado, a 3 do terceiro e a 4 dos líderes.
Na próxima xornada, o Leis visitará a cancha do Cidade de Narón, oitavo con 6 puntos.