O Leis asoma a cabeza polos postos altos da Segunda B
Por Redacción
A terceira vitoria consecutiva en liga do Leis Pontevedra confirmou o bo arranque de tempada do conxunto pontevedrés, que se relaciona cos mellores equipos da Segunda División B e empeza a soñar con retos ambiciosos como pelexar polo ascenso de categoría.
Os de Mikel Diestro, que venceron a fin de semana a domicilio ao Xove (1-3), acumulan cinco xornadas sen perder e son xa cuartos da táboa con 14 puntos, a só 2 puntos do liderado que ocupa o Atlético Benavente.
Este refacho chega ademais demostrando unha gran personalidade, xa que en Xove o Leis tivo que sobrepoñerse ao gol dos locais mediado xa o segundo tempo que os poñía en vantaxe. Antes a primeira metade concluíra sen goles e cunha gran igualdade.
Pese ao golpe, o equipo reaccionou con goles de Raul, Nico e Cley para levar tres importantes puntos ante un rival que chegaba á cita coa bitola de colíder.
A próxima xornada o Leis Pontevedra recibirá na súa pista a outro dos equipos da zona alta, o Puertas Deyma FS, terceiro da táboa cun punto máis nun duelo no que estará en xogo asentarse nos postos de play-off.
Relacionadas:
-
O Leis despide o ano en postos de play-off
Por Redacción |
-
O Leis consolídase en postos de play-off tras vencer o Unión Arroyo
Por Redacción |
-
O Leis deixa escapar dous puntos do Municipal pero mantense na pelexa (2-2)
Por Redacción |
-
O Leis Pontevedra denuncia trabas da RFEF para competir en Segunda División do fútbol sala feminino
Por Redacción |