Confirmada a grave lesión de Javi López, que di adeus á tempada
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/70d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/5d9dd56f01-20191009-saiz-lesion-jugador-pontevedra-javi-lopez-0004.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c19/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/5d9dd59177-20191009-saiz-lesion-jugador-pontevedra-javi-lopez-0002.jpg)
© Cristina Saiz
Os peores agoiros fixéronse realidade. Javi López perderá o que resta de tempada por mor da grave lesión de xeonllo que se produciu no adestramento do luns en Cerponzóns nun mal apoio cando pugnaba pon un balón co seu compañeiro Jaouad.
Segundo o informe médico, o futbolista andaluz do Pontevedra sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo e tamén do corno posterior do menisco.
Esta doenza, que lle obrigará a pasar polo quirófano, conta cun período estimado de recuperación de entre 6 e 8 meses.
O extremo someteuse na tarde do martes a unha resonancia magnética para coñecer o alcance preciso da lesión, pero aínda sen os resultados na man xa tiña claro que a súa tempada fóra ao traste. "Estoy esperando a que me confirmen lo que ya sé", comentaba horas antes de recibir o diagnóstico mentres presenciaba o adestramento dos seus compañeiros.
Vestido de rúa e poñendo xeo no seu xeonllo danado, aínda moi inchado, o futbolista granate recoñecía que nestes momentos "me estaba encontrando muy bien", esquecida xa a rotura do ligamento cruzado anterior do seu outra xeonllo, a dereita, que lle tivo 7 meses afastado dos terreos de xogo a pasada campaña. Resignado pero co ánimo un pouco máis alto que o luns polo apoio recibido por compañeiros e afeccionados, López aludiu que "son cosas del fútbol", á vez que un único pensamento roldaba xa a súa cabeza. "Ahora a operarme cuanto antes", explicou co desexo de poder recuperarse antes de que conclúa a liga.
Tamén Luismi referiuse ao contratempo que supón a súa lesión, unha incidencia que "es una pena porque llevaba unas semanas que se estaba encontrando muy bien, de hecho el domingo fue de lo poco salvable del equipo".
Agora ábrese unha posibilidade, a de reforzar o equipo coa ficha sénior dispoñible que deixa o andaluz, algo que "habrá que valorar", recoñeceu o técnico indicando que se se toma esa decisión o xogador que chegaría "no sería el mismo perfil que el de Javi López".