Goleada do Arosa na súa visita a Paiosaco (0-4)
Por Almu Dapena
Partido dominado polo Arosa o disputado esta fin de semana en Paiosaco. Os de Vilagarcía empezaron o encontro da mellor maneira posible, cun gol no minuto un.
Despois de que o árbitro dese comezo ao partido, o Arosa realizou unha boa xogada pola banda dereita que acabou nun centro que Rober encargaríase de rematar cara ao interior da portería do Paiosaco. Tras o gol, os de Simón Lamas seguían buscando a portería de Rama e de novo, Rober mandou o balón á rede no minuto 4.
Co 0-2 no marcador en tan só 4 minutos, os locais non tiñan máis remedio que abrir o xogo e buscar o empate. A primeira chegada á portería do cadro visitante foi no minuto 17 cun remate de cabeza que se foi fóra por moi pouco e novamente, no minuto 29, o Paiosaco gozaría doutra oportunidade pero un enorme Manu Táboas pararía o disparo do rival.
No momento no que os de Juan Riveiro estiveron máis preto de reducir a distancia no marcador, unha maxistral xogada de combinación do Arosa culminada por Pedro Beda cun remate raso, acabaría en novo tanto para o equipo de Vilagarcía.
Despois do descanso, parecía que o Paiosaco buscaba o gol. Foi cun tiro desde fóra da área no minuto 55 e cunha chegada polo centro no minuto 81 que finalmente acabaron nas mans de Manu Táboas.
Pero antes da última ocasión de gol dos locais, o Arosa marcou o cuarto e último tanto do partido. Un roubo de balón de Javi Otero no campo rival, o xogador arousán marchouse en velocidade para posteriormente sortear a saída do porteiro e finalmente marcar a porta baleira no minuto 67.
Con este resultado, o Arosa leva os tres puntos a Vilagarcía e colócase cuarto na clasificación con 16 puntos.
Consulta a acta do partido UD Paiosaco-Arosana seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Arosa volve empatar, esta vez fronte o Arenteiro (1-1)
Por Redacción |
-
Empate sen goles na Lomba entre o Arosa e o líder de terceira, o Ourense (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa empata fronte ao Choco e sae dos postos de play-off (3-3)
Por Redacción |
-
O Arosa colócase terceiro tras gañar o Pontellas na Lomba (3-1)
Por Redacción |
-
Empate amargo para o Arosa na súa visita ao Somozas (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa vence ao Arzúa e roza os postos de play-off (2-1)
Por Redacción |
-
Un gol aos dez minutos de encontro dá a vitoria ao Arosa (0-1) en Vilalba
Por Redacción |