Pintos será escenario esta fin de semana da carreira máis divertida
Por Redacción
O lugar de Pintos, en Marcón, acolle esta fin de semana a terceira edición do campionato de inercia, coñecido popularmente como descenso de carrilanas. "Son competicións que levan moito tempo facéndose en Galicia e en Pontevedra, mesmo de forma máis perigosa. Estas tradicións van evolucionando co tempo", dixo o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, durante a presentación do evento.
O campionato dividirase en dúas xornadas. A do sábado, en sesión de tarde, dedicarase exclusivamente a adestramentos e a recoñecemento do terreo. Mentres que a do domingo, en horario matinal, será para a competición, consistente en dúas mangas cronometradas e, se hai tempo e a meteoroloxía o permite, para unha sesión de exhibición.
"O circuíto ten dúas partes, unha máis técnica sen excesiva pendente e logo o descenso", explicou Alfonso Silveira, membro da organización do evento que corre a cargo da asociación Down Mountain Vigo.
A inscrición para o descenso de Pintos rolda os cincuenta pilotos que, en función do seu vehículo, competirán en oito categorías diferentes.
Os participantes proceden na súa maioría da provincia de Pontevedra, pero tamén chegarán desde Cantabria, León, Asturias, portugal e o resto de provincias galegas.
Relacionadas:
-
O descenso de carrilanas máis divertido viviuse en Pintos esta fin de semana
Por Redacción & Diego Torrado |
-
San Xurxo de Sacos celebra este sábado a III Baixada de Carrilanas
Por Redacción |
-
Barro celebra este domingo a cuarta edición da súa baixada de carrilanas
Por Redacción |
-
Carrilanas a toda velocidade para unha fin de semana de diversión en Pintos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Campionato de España de Deportes de Inercia repite experiencia en Pintos
Por Diego Espiño |