Acaba o serie de empates do Arosa con vitoria ante o Alondras (2-1)
Por Redacción
O Salvador Otero acolleu esta fin de semana o partido de terceira división entre o Arosa e o Alondras. Debido ás obras nas bancadas do campo da Lomba, os de Vilagarcía xogaron como locais un partido clave para seguir puntuando, despois de cultivar un refacho de tres partidos seguidos empatados.
O partido comezou con poucas ocasións para ambos os equipos, xa que o vento e a choiva non permitían xogar en boas condicións. O Arosa foi o primeiro en adiantarse no marcador cando se cumpría a media hora de xogo. Cotilla acertou para portería para poñer o 1-0 pero o Alondras non tardou en devolver a igualdade ao encontro. Catro minutos despois, Pablo García aproveitou o vento para lanzar un forte disparo afastado que se coou a media altura polo pau dereito de Manu Táboas, poñendo o 1-1 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte, os de Vilagarcía necesitaron 5 minutos para gozar da primeira ocasión clara. Javi Otero tentou bater a portería visitante pero o tiro acabou en córner. Con todo, o xogador vilagarcián exerceu como un dos protagonistas no gol do Arosa. No minuto 54, Pedro Beda mandou un balón cruzado para Otero ao segundo pau habilitando a Manu Rodríguez para poñer o 2-1.
Aínda que o Arosa tivo unha ocasión clara no minuto 84 tras unha falta que saíu rexeitada, o marcador non se moveu e o partido concluíu en 2-1.
Con estes tres puntos, o Arosa segue ás portas dos postos de play-off, a tan só un punto do cuarto clasificado, o Deportivo Fabril que ten 27 puntos. No seguinte partido, os de Rafa desprazaranse a Santiago para enfrontarse ao SD Compostela, segundo clasificado con 32 puntos.
Relacionadas:
-
O Arosa aprovéitase da resaca copeira do Bergantiños (1-3)
Por Redacción |
-
Vitoria do Arosa en Vilaxoán fronte o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
Dous goles na segunda metade condenan o Arosa fronte o Compostela (2-0)
Por Redacción |
-
O Arosa volve empatar, esta vez fronte o Arenteiro (1-1)
Por Redacción |
-
Empate sen goles na Lomba entre o Arosa e o líder de terceira, o Ourense (0-0)
Por Redacción |