Dous goles na segunda metade condenan o Arosa fronte o Compostela (2-0)
Por Redacción
O Vero Boquete acolleu esta fin de semana o partido entre o Compostela, que non perdeu ningún partido en casa, e o Arosa, que viña de cultivar un refacho de empates que finalizou a xornada pasada coa vitoria ante o Alondras.
O conxunto vilagarcián empezou o partido sufrindo cunha ocasión do seu rival cando se cumprían os 3 minutos de partido. O xogador compostelán Soto, cabeceou un saque de esquina ao primeiro pau que estivo a piques de coarse na portería de Manu Táboas, que tivo moito traballo nos seguinte minutos.
A seguinte ocasión dos branquiazuis chegou pouco despois cun disparo raso de Gabri Palmás que de novo puxo en perigo ao Arosa pero que salvou Manu Táboas cunha boa parada. Pouco despois Brais Abelenda mandaba un cabezazo ao traveseiro, deixando ao Compos como claro dominador durante os primeiros minutos de partido.
A primeira ocasión do Arosa chegaba no minuto 16 cun disparo de Manu Rodríguez desde fóra da área que non supuxo ningún problema para o porteiro local.
Cumpríase o ecuador da primeira metade e os locais seguían dominando. Pablo Antas volvía poñer en perigo a Manu Táboas que tivo que estirarse para mandar o lanzamento de falta a córner. Acto seguido, o Arosa iniciou un contra ataque levado por Jorge Sáez e habilitando a Javi Otero, quen non foi capaz de superar a Pato no man a man.
Antes de chegar ao descanso, o Compos gozou dunha nova ocasión cun disparo de Josiño que se marchou rozando o pau.
Tras o intermedio, o conxunto local volveu saír a por todas e, ao minuto de iniciarse a segunda metade, Josiño aproveitou a falta de concentración do Arosa para mandar o balón á escuadra rival para poñer o 1-0 no partido.
Despois do gol, os branquiazuis perdoaron en varias ocasións e cederon a oportunidade ao Arosa de empatar o partido con disparo desde a frontal de Manu Rodríguez que sacou Pato.
Xa no desconto, Brais Abelenda sentenciou o encontro entrando en velocidade dentro da área e marcando a portería baleira.
Relacionadas:
-
Ao Arosa escápaselle a vitoria no último minuto ante o Rápido de Bouzas (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa e o Deportivo Fabril non pasan do empate sen goles en Vilaxoán
Por Redacción |
-
O Arosa aprovéitase da resaca copeira do Bergantiños (1-3)
Por Redacción |
-
Vitoria do Arosa en Vilaxoán fronte o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
Acaba a serie de empates do Arosa con vitoria ante o Alondras (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa volve empatar, esta vez fronte o Arenteiro (1-1)
Por Redacción |
-
Empate sen goles na Lomba entre o Arosa e o líder de terceira, o Ourense (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa empata fronte ao Choco e sae dos postos de play-off (3-3)
Por Redacción |
-
O Arosa colócase terceiro tras gañar o Pontellas na Lomba (3-1)
Por Redacción |