O Arosa e o Deportivo Fabril non pasan do empate sen goles en Vilaxoán
Por Redacción
Empate a ceros entre o Arosa e o Deportivo Fabril no partido correspondente á xornada 18 de Terceira División disputado en Vilaxoán.
O encontro comezou co Arosa gozando da primeira ocasión. Foi no minuto 1 cando Pedro Beda avisou ao porteiro local cun remate abaixo que finalmente acabou atallando. Dous minutos despois, o Fabril facía o propio respondendo con outro disparo que se marchou rozando o poste da portería de Manu Táboas.
Despois diso, os seguintes compases estiveron marcados pola intensidade por parte de ambos os equipos, que eran capaces de manter a portería a cero.
Cumpríase o ecuador da primeira metade e Rafa Sáez viuse obrigado a facer o primeiro cambio do partido ante a lesión de Julio, entrando Raúl no seu lugar.
Quedaban 15 minutos antes de chegar ao descanso e foi cando chegaron as mellores oportunidades. Primeiro, Pedro Beda e Adrián armaban unha boa xogada á que finalmente o segundo non conseguiu chegar para rematar, xogada respondida automaticamente polos de Coruña que realizaban un disparo cruzado desde dentro da área pero íase fóra por pouco.
A última da primeira metade tívoa Jorge Sáez por partida dobre. Enganchou unha volea tras unha falta que sacou Manu, e o balón quedou rexeitado ao que respondeu rematando de novo pero fóiselle demasiado cruzado.
Despois do paso polo vestiario, o Arosa volvía estar obrigado a realizar un cambio, esta vez pola lesión de Jorge Sáez que foi substituído por Suso.
Os minutos seguían correndo pero ningún dos dous equipos era capaz de inaugurar o marcador. O Fabril estivo preto, pero Manu Táboas interveu de socato despois dun contraataque do filial.
Quedaban pouco máis 5 minutos para que o colegaido pitase o final do encontro. Foi entón cando o Arosa aumentou a intensidade sen deixar opcións de que os de Coruña saísen do seu propio campo.
No minuto 85, Róber disparaba e o porteiro visitante mandaba a córner e, dous minutos despois, Manu sacaba de esquina e o porteiro despexaba cara a Suso que realizou un potente disparo desde a frontal que se foi rozando o pau.
Xa no desconto e co partido practicamente concluído, os de Vilagarcía reclamaron penalti por unha posible man dentro da área do Fabril pero que o árbitro non viu.
Finalmente, o duelo concluíu en táboas pola mínima, resultado que permite ao Arosa seguir en cuarta posición con 33 puntos.
Consulta a acta do Arosa-Deportivo Fabril na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Cuarto empate consecutivo do Arosa que reparte os puntos coa UD Ourense (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa empata ante o Polvorín a domicilio (2-2)
Por Redacción |
-
Ao Arosa escápaselle a vitoria no último minuto ante o Rápido de Bouzas (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa aprovéitase da resaca copeira do Bergantiños (1-3)
Por Redacción |
-
Vitoria do Arosa en Vilaxoán fronte o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
Dous goles na segunda metade condenan o Arosa fronte o Compostela (2-0)
Por Redacción |