Preocupación no Teucro pola lesión no ombreiro de Ferrán Cisneros
Por Diego Espiño
A lesión no ombreiro que se produciu Ferrán Cisneros no transcurso dun adestramento da semana previa ao duelo en Zarautz preocupa e moito na Sociedad Deportiva Teucro.
O central, que xa perdeu o duelo no País Vasco, seguirá de momento de baixa ata coñecer o alcance exacto da doenza, que non lle permite exercitarse con normalidade ao tratarse dunha articulación fundamental para un xogador de balonmán.
Cisneros pasou este mércores revista médica sen que se despexase a incógnita, xa que os servizos de traumatoloxía recomendaron que se lle realice unha resonancia magnética.
Tras a consulta o club pontevedrés tramitou a petición desta proba diagnóstica, pero polo de agora non ten data para a súa realización, o que pode prolongar a incerteza durante días ou mesmo semanas.
Mentres tanto Luís Montes xa sabe que non poderá contar con el polo menos para o duelo do sábado no Municipal contra o Alcobendas, sendo a única baixa esperada entre os xogadores con ficha do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
Ferrán Cisneros deberá pasar polo quirófano e di adeus á tempada co Teucro
Por Redacción |
-
Volta ás andadas do Teucro na cancha do Bordils (33-24)
Por Diego Espiño |
-
Bordils, último desprazamento do ano para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro sofre pero vence ao Alcobendas (31-26)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
Duros rivais para Teucro e Cisne nunha xornada con dobre ración de balonmán na cidade
Por Redacción |
-
O Teucro tira ao lixo un punto en Zarautz (29-29)
Por Diego Espiño |
-
O Teucro viaxa a Zarautz sen Ferrán Cisneros e o Cisne defende o seu liderado ante o Zamora
Por Redacción |
-
Un Teucro sen recursos perde dous valiosos puntos contra o Barcelona B (24-26)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |