A Copa da Raíña entra en escena para O Fisgón e Poio Pescamar
Por Redacción
O fútbol sala será protagonismo durante a ponte festiva na comarca, en especial coa entrada en escena da Copa da Raíña.
O Fisgón e Poio Pescamar mediranse este venres (19:00 horas) no pavillón marinense da Raña na primeira rolda do torneo do K.O., aparcando por unhas horas os seus ambiciosos obxectivos en liga.
As entradas para o duelo terán un custo de 6 euros para o público (3 euros para menores de 12 anos), mentres que os socios de O Fisgón deberán abonar 1 euro.
Non será en todo caso a única cita da fin de semana para o Poio Pescamar, que menos de 48 horas despois afrontará unha nova xornada de liga na Primeira División recibindo na Seca o Xaloc Alacant, pechacancelas da categoría.
A pesar da mala clasificación as vermellas apelan á concentración para evitar erros e buscar o seu quinto triunfo consecutivo na pelexa por entrar nos postos de play-off polo título.
A convocatoria do Poio Pescamar para ambas as citas estará composta por: Silvia Aguete, Caridad, Carol Agulla, Clara, Mirian, Iria Saeta, Andrea Feijóo, Ana Rivera, Anna Escribano, Dani Sousa, Irene García e a canteirá Andrea Alvite.