David Calzas e Ana Vilas, vencedores do primeiro Dúatlon Cros Concello de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Carballedo estreouse este domingo como sede do circuíto galego de dúatlon cros.
Preto de 200 deportistas desafiaron á choiva para competir na primeira edición do Dúatlon Cros Concello de Cerdedo-Cotobade nas súas diferentes categorías.
A proba, organizada polo Club Tríatlon Rías Baixas, o Clube Ciclista Cerdedo-Cotobade e o Concello contaba cun percorrido de 6 quilómetros de carreira a pìe, 19,2 quilómetros de ciclismo BTT e outros 3 quilómetros de carreira a pé.
Os gañadores da súa primeira edición foron David Calzas na categoría sénior masculina, cun tempo de 1:24:19, e Ana Vilas na feminina (1:51:21).
Consulta aquí as clasificacións completas do primeiro Dúatlon Cros Concello de Cerdedo-Cotobade.