Mareantes y Pontevedra Rugby Club inician a tempada con vitoria
Por Redacción
O rugby continúa coa súa progresión en Pontevedra. Un ano máis os equipos de Mareantes e Pontevedra Rugby Club puxéronse en marcha co traballo nas categorías inferiores e, dende o pasado sábado, coa competición oficial dos seus equipos sénior, onde non puideron empezar mellor.
O Mareantes estreouse cunha vitoria ante o Campus Ourense no campo de Monteporreiro (22-20) remontando tras chegar ao descanso por debaixo no marcador.
Pola súa banda o Pontevedra Rugby Club conseguiu un reforzo moral importante tras gañar na casa do Muralla de Lugo (19-22), un campo onde a tempada pasada, a primeira do equipo, perdeu con claridade.