![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6af/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53847626e3-entrega-subvencio-n-club-de-fu-tbol-vilalonga.jpg)
Concello de Sanxenxo
A Deputación Provincial fai entrega dunha subvención de 15.000 euros ao Villalonga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, actuou esta mañá como anfitriona durante a entrega dunha subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Club de Fútbol Villalonga, para a realización de actividades de deporte federado nacional. Ademais da rexedora local, no acto estiveron presentes a deputada provincial de Deportes, Begoña Estévez, quen fixo entrega ao o presidente e vicepresidente do club, José Miniño e Carlos García Padín, respectivamente, dun cheque por valor de 15.000 euros, importe da subvención concedida.