A caza do xabaril pode suspender o Pontevedra Raid
Por Diego Espiño
Cunha chamada telefónica do xefe territorial da consellería de Presidencia. Así se decataron os responsables de Pontevedra Raid, proba de aventura que se disputa dende hai seis anos nos montes municipais, de que existe a posibilidade de non recibir autorización para realizar o evento deste sábado no monte dá Fracha.
A razón é que se autorizou unha xornada de caza de xabaril o mesmo día na zona. A organización, como explica Manuel Beloso, pedira permiso á Xunta por escrito o pasado 26 de setembro. Agora, a dous días do evento, os danos poden ser notables, "ya hemos gastado en infraestructura, en los mapas, en el montaje en el monte o en el material de la organización. Si no se arregla tendremos que avisar a los equipos para que no se desplacen".
Para esta edición, enmarcada na Liga Galega de Raids de Aventura, está confirmada a presenza de 200 participantes de case 60 equipos de Galicia, Asturias e o norte de Portugal, "la inscripción aún estaba creciendo y posiblemente superaríamos esa cifra".