O Teucro xa traballa con todo o plantel ao incorporarse David García Pichel aos adestramentos
Por Alejandro Espiño
Recentemente chegado do Mundial junior de Hungría, David García Pichel incorpórase á disciplina do Teucro. Volveu o pasado sábado e xa adestrou cos seus compañeiros. Con el, o equipo pontevedrés xa ten completo o seu plantel. Ten 19 anos, é natural de Carballo e pode actuar de central ou de lateral esquerdo. Así xogou no Universidade de León Ademar de Primeira Nacional, filial do equipo de Asobal co que tamén chegou a debutar.
Na súa presentación, David García Pichel, formado no Calvo Xiria, explicou que chega ao Teucro "para intentar dar lo máximo de mi potencial y aportar muchas ganas". Recoñece que a adaptación á División de Honra B, categoría na que nunca xogou, "puede costar", pero asegurou que "pondré el máximo esfuerzo posible" e espera que "no tarden en llegar" as boas sensacións.
Aínda que apenas tivo pretemporada, explicou que "estoy en muy buena forma", xa que apenas tivo vacacións, ao ter que disputar o Mundial junior. "No he tenido muchos minutos de juego, pero ha sido una experiencia muy bonita", sinalou na rolda de prensa. Engadiu que chega a un equipo "con un bloque joven y que tiene muchas ganas" e aínda que indicou que "el listón está muy alto" con respecto ao ano pasado, "intentaremos superarlo".
Tras poder ver por primeira vez a todo o equipo completo, o presidente do Teucro, Carlos García-Alén asegurou que "las primeras impresiones son buenas, es un equipo bastante conjuntado". Afirmou que o ve moi ben "tanto en ataque como en defensa", aínda que recoñeceu que "la hora de la verdad" chegará a partir do próximo día 15 de setembro, día no que debutará na nova tempada contra o Pozoblanco.
Ata entón, ao cadro azul aínda lle quedan algúns partidos de pretemporada. O primeiro deles, este mércores ás 20.00 horas no Pavillón Municipal contra o equipo portugués do Ismail. Despois chegará o partido da Copa Galicia contra o Seis do Nadal e, o 4 de setembro, o último amistoso, que será contra o Chapela. Quedarían tan só, se chegan, as semifinais e a final da Copa Galicia.