O Arxil, listo para unha tempada na Liga Feminina 2 na que "cada partido tiene que ser como una final"
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Péchase unha pretempada "tremendamente extraña" para o Club Baloncesto Arxil, que xa prepara a conciencia a primeira xornada da Liga Feminina 2 que lle enfrontará o vindeiro sábado 3 de outubro (19.30 horas) ao Baxi Ferrol no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
A súa adestradora, Mayte Méndez, asegura que estas semanas foron complicadas "en cuanto a todo, no sólo la Covid sino el uso de las instalaciones o el gimnasio".
As restricións impostas só permitiron ao equipo pontevedrés disputar dous encontros nesta época, en Copa Galicia, con derrota axustada ante o Celta e triunfo claro fronte ao Cortegada. "Mostramos una poca falta de coordinación todavía y también falta de puntería en el tiro", recoñece a preparadora, satisfeita con todo do traballo das súas xogadoras.
Tanto é así que aínda que prefire non poñer nome aos obxectivos do Arxil este curso, asegura que "el equipo está fuerte mentalmente que es lo importante".
Para Mayte Méndez "tenemos una plantilla compensada con muchas posibilidades de juego", polo que "sólo queda tener un poco de suerte con lesiones o posibles confinamientos" para tentar pelexar polos postos altos da táboa.
Polo de súpeto o primeiro partido oficial da tempada será unha boa proba do nivel que pode dar o Arxil, ao recibir a visita dun dos favoritos do grupo. Por iso, do mesmo xeito que o resto de xornadas ante o que poida pasar pola pandemia "cada partido tiene que ser como una final porque no sabes lo que va a pasar la siguiente semana o en 15 de días", defende a adestradora, que non poderá contar para o debut con Violeta ao estarse a recuperar dunha lesión muscular.