A Xunta esixirá aos equipos galegos de ligas estatais realizar test serolóxicos cada dúas semanas
Por Redacción
A Consellería de Sanidade actualizou mediante unha orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) as medidas de prevención ante a COVID para as competicións non profesionais de ámbito estatal.
Entre as novidades na normativa destaca a obriga de que os equipos e deportistas galegos que participan nas devanditas competicións "deberán realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais", reflicte o DOG.
Esta medida afecta directamente a ligas como a Segunda División B de fútbol na que milita o Pontevedra, Asobal e División de Honra Prata con equipos pontevedreses como o Cisne e o Teucro implicados, a Liga Feminina 2 de baloncesto con Arxil e Cortegada ou a Primeira División de fútbol sala feminino co Poio Pescamar, entre outras.
Ademais a Xunta de Galicia establece tamén que "a totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas devanditas competicións, deberán realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición".
Estas expedicións desde outros territorios deberán comunicar á súa vez con idéntica antelación a relación de persoas que a compoñerán, a data e hora da súa chegada a Galicia e o seu lugar de aloxamento.
Relacionadas:
-
O Arxil supera sen positivos os test de COVID previos ao comezo da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Empate agridoce para o Teucro na súa visita á UE Sarrià (24-24)
Por Almu Dapena |
-
Goleada do Poio Pescamar no segundo partido de pretemporada ante o Viaxes Amarelle (6-2)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A reactivación do deporte en Galicia, en mans dun foro de expertos
Por Redacción |
-
A Xunta establece o uso de máscara no deporte autonómico salvo que as federacións "inclúan medidas alternativas de protección"
Por Diego Espiño |
-
Aprobado o protocolo do Consello Superior de Deportes que regula a actividade do deporte non profesional
Por Redacción |
-
A Xunta autoriza o deporte con contacto para equipos de ligas estatais e deportistas con aspiracións olímpicas
Por Manu Otero |