Iuri Leitão, ciclista do Froiz, proclámase campión de Europa en pista
Por Redacción
A tempada ciclista de estrada xa chegou ao seu fin, pero a pista gardáballe unha última alegría ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
Un dos seus corredores, o portugués Iuri Leitão, proclamouse campión do Europa nos campionatos en pista que se están celebrando en Plovdiv, Bulgaria.
Leitão colgouse a medalla de ouro na proba de scratch, conseguindo o primeiro triunfo do ciclismo portugués en pista en europeos e mundiais de elite.
O xoven corredor conseguiu o título grazas en gran medida á arrancada en solitario a metade de carreira que lle permitiu gañar volta. Aínda así, non se conformou coa súa boa situación e meteuse noutro corte de cinco ciclistas que lle permitiu entrar primeiro en meta.
Ao final Leitão levou o ouro acompañado no podio do ucraíno Roman Gladysh e o británico Ollie Wood, prata e bronce respectivamente.
Relacionadas:
-
O Froiz suma o seu primeiro triunfo sen empezar a tempada
Por Redacción |
-
O Froiz despídese do seu campión de España, Samuel Blanco
Por Redacción |
-
O ciclista do Froiz, Iuri Leitao, consegue dúas novas medallas no Europeo de pista
Por Redacción |
-
"Inmellorable" peche de tempada para o Supermercados Froiz coa Vuelta a Extremadura
Por Redacción |
-
Primeiro podio do ano para o Super Froiz. Iuri Leitao, proclámase campión de Portugal
Por Redacción |