Bribón 500 e Seljm fanse co Trofeo Xacobeo de vela celebrado en Sanxenxo
Por Redacción
O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu esta fin de semana o Campionato de España de cruceiros de 6 metros. Divididos nas categorías Open e Clásicos, a frota internacional preparouse para disputar o Trofeo Xacobeo, última proba do circuíto da Copa de España.
A competición inaugural foi o venres ás 15:35 horas coa categoría Open. 5 minutos despois tocoulles aos Clásicos, onde Titia, Aida e Stardus saíron antes de tempo cometendo fóra de liña, polo que foron obrigados a dar a volta e volver saír. Unha vez aí, Titia foi á dereita do campo para manter a distancia co resto de participantes.
Caprice seguíaa e adiantaba ao campión mundial e europeo, Bribón 500, patroneado polo medallista olímpico Jane Abascal. En menos dunha hora finalizaba a manga con Titia selando o seu liderado na categoría Clásicos.
Pola súa banda, Maybe XIV do RCN de Cartaxena cruzou a liña de meta para facerse co triunfo na clase Open. Seljm e Berta foron segundo e terceiro respectivamente.
A segunda xornada comezou o sábado ás 13:30 horas. Con 11 nós de vento de dirección sueste, pouca ondada, e pouco máis de cinco millas por percorrer, os regatistas puxéronse ao choio para competir.
Nos Clásicos, Bribón 500 cometeu un fóra de liña e tivo que retomar a saída mentres Caprice, aos mandos de Iñigo Echenique, púxose na cabeza. Jane Abascal e a súa tripulación lograron recuperar terreo para poñerse de novo na cabeza aínda que non puideron evitar que Caprice volvese adiantalo, gañando a segunda manga.
O domingo foi a última xornada, onde o español Bribón 500 selou definitivamente o seu liderado tras unha moi pelexada regata.
Saíron á auga cunha clasificación xeral moi apertada e cun Stardust que deu a badalada para colocarse no grupo de cabeza mentres Caprice e Bribón 500 pelexaban man a man con Tita, Aida e Ian. Finalmente foi Bribón o que logrou a vitoria por tan só dous segundos de vantaxe sobre Stardust, que foi segundo.
En Open o gran dominador foi o portugués Slejm, asinando a súa terceira vitoria parcial dun total de catro mangas. O Maybe XIV foi segundo na xeral e o primeiro dos españois, levándose o título de campión de España de 6 M deste ano.
Este Trofeo Xacobeo é a antesala das próximas competicións de 6 Metros previstas para Sanxenxo. En 2021 o Europeo e en 2022 o Mundial, os cales que tiveron que pospoñer a súa data inicial debido á pandemia.