Pontevedra renovará o céspede artificial dun dos campos de fútbol 11 da Xunqueira
Por Redacción
Ata 366.000 euros destinará o goberno municipal de Pontevedra á renovación do céspede artificial dun dos campos de fútbol 11 da Xunqueira, concretamente o que está situado detrás do pavillón multiusos.
Esta actuación incluirá tamén a mellora da drenaxe do campo de fútbol e do seu sistema de rego, así como a instalación de luminarias LED.
O edil de Deportes, Tino Fernández, explica que o céspede está "algo deteriorado" polo seu uso "intensivo" nos últimos anos, xa que é empregado para competicións e adestramentos de equipos como o Pontevedra, o Salgueiriños, A Seca, Portero 2000 ou Xuvenil de Lérez.
Os campos da Xunqueira, que forman parte do complexo municipal que foi bautizado co nome de Manolo Barreiro, prepárasen ademais para a súa reapertura.
O Concello porá en marcha o seu plan de reapertura progresiva das instalacións deportivas municipais "sempre e cando a Xunta de Galicia inicie o seu plan de desescalada".
Pontevedra ten contemplada unha "desescalada deportiva" en dúas fases: a primeira coa apertura dos campos para as categorías dende xuvenil ata infantil e a segunda para benxamíns e alevíns.
Relacionadas:
-
O PP pide atrasar ao verán a renovación do campo de fútbol da Xunqueira II
Por Redacción |
-
Sacan a concurso por 360.030 euros a renovación do céspede dun campo de fútbol do complexo Manolo Barreiro
Por Natalia Puga |
-
Unanimidade no pleno para bautizar aos campos da Xunqueira co nome de Manolo Barreiro
Por Redacción |