A RFEBM sanciona con 1.000 euros e dous puntos ao Bueu por incomparecencia e o club pide a anulación
Por Redacción
A directiva do Club Bueu Atlético Balonmán presenta un recurso diante do Comité de Apelación da Real Federación Española de Balonmán (RFEBM) no que solicita a devolución inmediata dos 1.000 euros de sanción, a restitución dos dous puntos subtraídos e a procura dunha nova data para celebrar o partido de liga contra o BM Tejina da Primeiro Nacional Masculina.
A orixe deste conflito está en que o 23 de novembro a RFEBM comunicou ao cadro morracense que o partido aprazado fronte ao cadro canario quedaba fixado para o 2 de decembro. Desde Bueu solicitaran o cambio de data pola imposibilidade de atopar voos e aloxamento con tan pouca antelación, ademais que moitos xogadores do primeiro persoal tiñan compromisos loborales insalvables.
A Federación non atendeu esta petición e deulles o partido por perdido coa correspondente sanción económica e deportiva por incomparecencia. Esta decisión sentou fatal na directiva budetense, que sente represaliado pola Federación por reclamar no mes de setembro un cambio no sistema de competición para evitar os desprazamentos a Canarias pola actual situación sanitaria.
"Confiamos en que a RFEBM reconsidere dita sanción e recóbrense os leitos do sentido común e da ética deportiva, nuns tempos tan complicados onde os clubs amateurs necesitan máis que nunca a flexibilidade e o entendemento institucional para poder sobrevivir", explican no mesmo comunicado no que informan de que tomarán todas as medidas legais necesarias para "restituír a dignidade dun club humilde con máis de 40 anos de historia".