O atletismo nacional estrea tempada ao aire libre en Pontevedra co III Torneo de Reis
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva será escenario este martes 5 de xaneiro da primeira proba atlética ao aire libre do calendario nacional 2021, o III Torneo de Reis organizado polo Club Atletismo Rías Baixas.
"Con esta pandemia y este protocolo tan duro vamos a tener a 220 participantes de toda Galicia, hombres y mujeres, que es todo un lujo", recoñece Gonzalo Méndez desde o club organizador.
En Pontevedra daranse cita "atletas de 7 años a 60 participando en una fiesta total, que es de lo que se trata", engade sobre unha competición que comezará ás 10.00 horas da mañá e prolongarase ata case as 14.00 horas.
Un dos reclamos do Torneo de Reis será poder ver vestida de curto de novo a unha de mellóralas atletas da historia de Galicia, a olímpica Julia Vaquero, que ten previsto competir nos 3.000 metros en categoría máster.
"Cada ano vai crecendo, vai aumentando e vai sendo un pouco o pistoletazo de saida para o que é o calendario de probas deportivas en Pontevedra", sinalou tamén na presentación do evento o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.