Cortegada-Arxil, un derbi para tentar escapar da zona baixa
Por Redacción
Víronse as caras moitas veces na Liga Feminina 2, pero quizais o derbi deste sábado (19.00 horas) no pavillón vilagarcián de Fontecarmoa entre AD Cortegada e Arxil teña unha importancia extra.
Os dous equipos tratan de escapar da zona baixa da categoría, nunha loita na que ten lixeira vantaxe o Arxil cun balance de 5 vitorias e 12 derrotas polo 3-14 das arouasanas, ocupando respectivamente os postos 12 e 13 da clasificación.
Unha situación comprometida que só aliviaría lixeiramente un triunfo no duelo de rivalidade.
No Arxil esperan de feito que este partido supoña un paso adiante para afastarse definitivamente dos postos de descenso, aínda co aviso que supuxo a derrota na primeira volta.
Mayte Méndez recupera efectivos para o partido, pero mantén a dúbida sobre o estado de María Lago, que apunta a baixa.
No Cortegada pola súa banda quérese pór fin a unha serie de cinco derrotas consecutivas, desde a chegada do seu novo adestrador. Un duelo coas espadas no alto do que só pode saír vencedor un equipo.
O partido, a porta pechada polas actuais restricións que imperan en Galicia, poderá seguirse en directo a través do Canal FEB.
Relacionadas:
-
Nova derrota do Arxil ao caer por 58-40 no derbi ante o Cortegada
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Arxil en casa do Ibaizábal tras un desastroso primeiro cuarto (54-44)
Por Redacción |
-
Samra Omerbasic, reforzo para o Arxil desde a Liga Feminina
Por Redacción |
-
Quinta vitoria para o Arxil, que sentenciou no último cuarto ante un combativo Rosalía (53-48)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |