O Poio Pescamar vence o Teldeportivo e continúa coa súa loita polo liderado
Por Almu Dapena
Suma e segue o Poio Pescamar, que logrou unha nova vitoria no último dos tres partidos disputados en menos de sete días. Despois de gañar o Viaxes Amarelle e de golear o Cidade das Burgas, o conxunto rojillo volveu a vencer esta fin de semana ao Teldeportivo para afianzarse na loita polo liderado da clasificación.
Tívoo fácil o equipo conserveiro, que se adiantou no minuto uno co gol de Dani Sousa á contra e ampliou pouco despois a vantaxe co tanto de Clara de disparo afastado.
Aínda que o Teldeportivo tentou reaccionar presionando a saída de balón das de Poio, alcanzouse o descanso cun resultado de 0-2.
Tras o intermedio saíu mellor o equipo local, que avisou nada máis renovarse o encontro cun disparo de Paulita. Minutos despois, as canarias volveron avisar obrigando a intervir a Caridad para seguir mantendo a portería a cero.
Con todo, cando mellor estaba a xogar o Teldeportivo, chegou a resposta do Poio Pescamar, que anotou o terceiro tanto do partido por mediación de Julia Dupuy tras un pase de Antía que a deixou soa diante da porteira.
Quedaban 10 minutos para o final e a defensa canaria evitou, desde a liña de gol, o tanto de Ana Rivera. Onde non puideron facer nada foi no disparo de Agostina Chiesa, que puxo o cuarto para a conta anotadora do equipo rojillo.
Co partido de fronte para as conserveiras, o técnico local pediu tempo morto e optou p or o xogo de cinco. A partir de aí comezaron a xerar máis ocasións, gozando dun lanzamento de penalti que se foi desviado á esquerda da portería de Caridad. Xa sobre a bucina, Ana Montufo marcou o gol da honra para o Teldeportivo.
TELDEPORTIVO (1): Marta; Montufo, Paulita, Marta Gallegos e Vanesa Jiménez (quinteto inicial). Tamén xogaron, Idoya, Muni, Colado, Judit Dámaso e Karla Ticona.
POIO PESCAMAR (4): Caridad; Luci, Ana Rivera, Daniela e Irene García (quinteto inicial). Tamén xogaron, Miriam, Julia Dupuy, Iraia, Antía, Agostina Chiesa, e Clara.
Goles: 0-1, min. 1 Dani Sousa. 0-2, min. 4 Clara. 0-3, min. 28 Julia Dupuy . 0-4, min. 33 Chiesa. 1-4, min. 40 Montufo.
Incidencias: Partido disputado no Centro Insular de Deportes.
Árbitros: Quintana García e Rodríguez González do colexio das Palmas e Tenerife. Amoestaron con cartolina amarela Ana Rivera no Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
Remontada do Poio Pescamar no derbi ante o Ourense Envialia (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O sprint final do Poio Pescamar comeza cunha dura proba, a visita do Ourense Envialia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar dorme líder despois de golear o Leganés (6-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Axuste no calendario do Poio Pescamar para recuperar as xornadas perdidas pola covid
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar voa a Canarias a por tres puntos para manter o pulso polo liderado
Por Redacción |
-
Goleada pola vía rápida do Poio Pescamar ao Cidade de As Burgas (6-1)
Por Manu Otero |
-
Regreso á competición con vitoria para un Poio Pescamar que non sufriu ante o Viaxes Amarelle (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |