Regreso á competición con vitoria para un Poio Pescamar que non sufriu ante o Viaxes Amarelle (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Valiosa vitoria a lograda este domingo o Poio Pescamar ante o Viaxes Amarelle. Despois do parón obrigado polo confinamento que tiveron gardar ambos os conxuntos da covid-19, o conxunto vermello regresou á cancha para sumar a súa primeira vitoria ligueira do ano que o afianza no segundo posto da clasificación do grupo A.
O dominio foi claro desde o minuto uno de xogo, cun Poio que fixou a defensa alta para non deixar xogar ao Amarelle. Así, o conxunto conservero empezou a avisar das súas claras intencións de facerse coa vitoria, xerando ocasións buscando entre liñas a Dani Sousa e cun disparo de Antía que se estrelou no traveseiro cando se alcanzaba o minuto 5 de xogo.
Con todo, non foi ata os instantes finais cando abriron o marcador. A falta de catro minutos para chegar ao descanso, Ana Rivera chegou por banda dereita para sacar un centro á área que a visitante Ana Escribano enviou á rede. Iraia tivo o 2-0 nas súas botas pouco despois do primeiro gol pero o seu disparo topouse con Sandra.
Xa nos minutos finais foi cando Caridad tivo traballo. O Amarelle xerou perigo cos disparos de Yaiza tras dúas xogadas de estratexia pero topáronse coa gardameta local.
Despois do paso polos vestiarios o equipo herculino aumentou a presión para plantarse con certo perigo na área de Caridad, momento no que o Poio Pescamar decidiu deixar de xogar á defensiva para subir a liña de ataque e buscar o roubo en primeira liña. Así, nunha saída do Amarella, Ana Rivera desde o á esquerda roubou a carteira á defensa para sacar un disparo cruzado co que sentenciou o encontro. Puido recortar diferenzas o equipo visitante a tres minutos do final cando optou polo xogo de cinco con Cris como porteira xogadora, pero Caridad mantívose firme para impedir o gol.
POIO PESCAMAR (2): Caridad; Luci, Ana Rivera, Miriam e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Antía, Agostina Chiesa, Cárol, Clara, Irene García, Iraia e Julia Dupuy.
VIAXES AMARELLE FSF (0): Sandra; Candela, Patri Corral, Yaiza e Cris (quinteto inicial). Tamén xogaron, Sofía, María Gómez, Ana Escribano e Lau Doce.
Goles: 1-0, min. 16 Ana Escribano (propia porta). 2-0, min. 28 Ana Rivera.
Incidencias: Pavillón A Seca. Colexiados, Crespo Pardo, Ferrero Carballal, e Clara Díez. Amoestaron a Miriam no Poio Pescamar e a Cris Lourés e o delegado do Viaxes Amarelle.
Relacionadas:
-
O sprint final do Poio Pescamar comeza cunha dura proba, a visita do Ourense Envialia
Por Redacción |
-
Axuste no calendario do Poio Pescamar para recuperar as xornadas perdidas pola covid
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar vence o Teldeportivo e continúa coa súa loita polo liderado
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar voa a Canarias a por tres puntos para manter o pulso polo liderado
Por Redacción |
-
Goleada pola vía rápida do Poio Pescamar ao Cidade de As Burgas (6-1)
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar recibe o Viaxes Amarelle no seu regreso á competición
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar prepárase para un maratón de partidos no seu regreso á competición
Por Diego Espiño |