O Poio Pescamar recibe o Viaxes Amarelle no seu regreso á competición
Por Redacción
Acabou a espera para o Poio Pescamar, que despois de aprazar as últimas tres xornadas debido ao illamento polos casos de covid-19 no seu plantel, este domingo regresará á pista do Pavillón da Seca para disputar o primeiro partido do ano en campionato ligueiro ante o Viaxes Amarelle (19:00 horas, TVG2).
"Teníamos ganas de volver a la pista y de jugar un partido por fín", asegura a xogadora do Poio Pescamar, Luci, que ve ao equipo "muy bien y con mucha hambre".
En fronte terá ao Viaxes Amarelle, rival que tamén chega á cita despois de pasar un confinamento polo mesmo motivo que as vermellas e que se incorporou aos adestramentos este mércores.
"Creo que eso influye en el estado anímico y físico", explica Luci. Aínda así, destaca que o Amarelle é un equipo que "compite todos los partidos. Tienen jugadoras muy jóvenes pero con un modelo de juego muy trabajado".
Para a cita do domingo o Poio Pescamar contará con Caridad, Silvia e Iria Varela en portería, e con Carol, Irene García, Julia Dupuy, Clara, Mirian, Luci, Dani Sousa, Agostina Chiesa, Ana Rivera, Iraia e Antia.
Relacionadas:
-
Goleada pola vía rápida do Poio Pescamar ao Cidade de As Burgas (6-1)
Por Manu Otero |
-
Regreso á competición con vitoria para un Poio Pescamar que non sufriu ante o Viaxes Amarelle (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Suspendido o dobre España-Brasil para o que foran convocadas Silvia e Caridad, do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar prepárase para un maratón de partidos no seu regreso á competición
Por Diego Espiño |