Dous postos de finalista, balance da Gimnástica no Campionato de España Sub-23
O Campionato de España Sub23 de pista cuberta celebrouse os días 13 e 14 de febreiro no Velódromo Luis Puig de Valencia. Tres atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Gabriel de la Cruz, Cristina Garrido e Lucía Ferrer, participaron e lograron un balance de dous postos de finais, unha mellor marca da tempada e unha mellor marca personal.
Gabriel de la Cruz e Cristina Garrido rematan o campionato de Valencia con postos de finalistas. Lucía Ferrer quedou sexta na semifinal e logrou a súa mellor marca da tempada.
O castelán-leonés, que vira de acadae a mínima europea xove para o Campionato de Europa de Torun, tiña as expectativas altas neste Campionato de España. Quedou segundo na semifinal e entrou directo á final. Na final obtuvo o séptimo posto e rematou os 60 metros lisos cun rexistro de 6.88.
Cristina Garrido daba a sorpresa ao pasar á final dos 60 metros lisos por tempos. Na final tivo que romper o seus propios récords persoais para situarse na séptima posición. Cun tempo de 7.81, a velocista marchábase moi contenta dun nacional no que, según marcaba o ránking previo, non contaba con estar entre as seleccionadas.
A mesma sorpresa para participar no campionato levouse Lucía Ferrer. Dos tres atletas, Lucía era quen contaba con menos competicións, pero isto non lle supuxo un obstáculo. O nacional foi a súa segunda proba de 60 metros vallas da temporada e nel mellorou a súa marca deste ano, ao facer 9.08.
Relacionadas:
-
A primeira xornada de liga para a Sociedad Gimnástica, en Pamplona e Xixón
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica conquista catro medallas no autonómico de lanzamentos
Por Redacción |
-
A marcha pontevedresa toma contacto cos 35 quilómetros no nacional de ruta
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Triplete de medallas para a Gimnástica no autonómico de Castela e León
Por Redacción |