Cerdedo-Cotobade, unha terra de 'motor'
Por Redacción
Os deportes de motor teñen casa en Cerdedo-Cotobade.
"Non se pode entender o mundo das carreiras e das competicións automobilísticas en Galicia sen facer referencia ao noso concello e estamos moi orgullosos de que así sexa", defendeu o seu alcalde, Jorge Cubela, aproveitando a recepción a dous deportistas do municipio.
En concreto o rexedor ofreceu unha recepción oficial a Javier Leiro e Mario Martínez, campións galegos de Montaña en Regularidade Sport 80 Km/h Tipo A, título conseguido a pasada tempoarada nas competicións organizadas pola Federación Galega de Automobilismo.
Cubela fíxolles entrega a estes dous pilotos dunha placa conmemorativa reiterando a súa felicitación e o desexo de que cando a pandemia permítao as competicións de motor volvan pasar por Cerdedo-Cotobade.
Neste sentido, no calendario de 2021 prevense dúas citas con paso polo municipio, unha co regreso do Rally do Albariño tras 12 anos de ausencia (19 de xuño) e outra coa 23 Subida a Pontevedra do Campionato Galego de Montaña que percorrerá a parroquia de Almofrei (17 e 18 de xullo).
Relacionadas:
-
O renacido Rally do Albariño pasa a chamarse Rally de Pontevedra por unha disputa de marca
Por Diego Espiño |
-
Sanxenxo e Ponte Caldelas quentan motores para o Rally do Albariño
Por Redacción |
-
O Rally do Albariño regresa tras 12 anos de ausencia: "La intención es que sea para mucho tiempo"
Por Diego Espiño |
-
O rally do Albariño volverá pasar por Ponte Caldelas doce anos despois
Por Redacción |