ÿscar Graña, Ramón Ferro, Tono Campos e Diego Romero, a polas medallas do Mundial de Copenhague
Por Redacción
Sete padexeiros galegos xa se atopan en Copenhague, cidade que acollerá o sábado e o domingo o Campionato do Mundo de Maratón. Iván Alonso, Tono Campos, Diego Romero, David Manuel Mosquera, Álvaro Fernández Fiuza, ÿscar Graña e Ramón Ferro conforman a representación galega. Catro deles defenderán o título logrado o ano pasado en Roma.
Iván Alonso fixo 'doblete'. Foi o gañador en K-1 e en K-2 xunto a Emilio Merchán. Tamén foi dobre gañador do Campionato de Europa que se disputou no mes de xuño en Portugal. En ambos casos, é un dos grandes favoritos á repetir a xesta. Opta tamén á vitoria o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza, que competirá en K-2 xunto co asturiano Walter Bouzán.
Tono Campos tamén gañou o Mundial de Roma en C-1 e foi terceiro en C-2. Nesta ocasión terá como compañeiro a Diego Romero en C-2. Tono Campos tamén logrou o título europeo recientemente.
ÿscar Graña e Ramón Ferro levan unha ampla traxectoria deportiva, con numerosos títulos internacionais. Gañaron en Roma e tamén en Vila Verde (Portugal) e buscarán completar unha gran xesta. Parten co cartel de favoritos en C-2.
O debutante galego en C-1 será David Manuel Mosquera, do Club Ría de Betanzos, que logrou a súa praza para poder competir no control selectivo que realizou a Federación Española de Piragüismo.
O Campionato do Mundo de Maratón de Copenhague é a última proba da tempada. O sábado disputarase a proba de barcos individuais e o domingo o de dobres.
Relacionadas:
-
Broche de ouro nos Mundiais de Copenhague con ÿscar Graña, Ramón Ferro e Iván Alonso no máis alto do podio
Por Redacción |
-
Tono Campos e Iván Alonso, primeiras medallas pontevedresas no Mundial de Maratón de Copenhague
Por Redacción |
-
O Mundial máis amargo de Álvaro Fernández Fiuza, a Federación déixao sen roupa para competir
Por Alejandro Espiño |