Tono Campos e Iván Alonso, primeiras medallas pontevedresas no Mundial de Maratón de Copenhague
Por Redacción
Chegan as primeiras medallas para os piragüistas pontevedreses no Campionato do Mundo de Piragüismo na modalidade de maratón, que se está disputando este fin de semana en Copenhague (Dinamarca). Tono Campos logrou a medalla de prata na proba masculina de C-1. O padexeiro do Grove non puido revalidar o título conseguido o ano pasado en Roma, pero iso non lle impediu brillar na capital danesa.
Tono Campos e o húngaro Marton Kavar mantiveron unha loita encarnizada entre os dous durante case toda a proba de C-1. O padexeiro galego realizou un gran esforzo e ao final tívose que conformar con ser segundo. Na última volta, o húngaro mostrouse moi forte no aspecto físico e o piragüista meco non puido aguantar o seu forte ritmo. Aínda así se quedou a tan só 29 segundos do ouro.
Esta segunda praza é a mesma que logrou outro dos piragüistas galegos que defendían título, o tudense Iván Alonso en K-1. Do mesmo xeito que Tono Campos ocupou as primeiras posicións desde o inicio dunha competición esixente e dura, sobre todo polas malas condicións climatolóxicas. Malia que non se atopou cómodo nas primeiras voltas, mantivo un intenso duelo co sudafricano Hank McGregor ata o último porteo. Na chegada, o rival do galego foi máis rápido e forte.
Ao término da proba, Iván Alonso recoñecía que "luché a tope, pero al final me ganó por su mayor fortaleza. Estuve cerca de la victoria. Otra vez será. Lo di todo y por eso estoy satisfecho". A diferenza na liña de chegada entre ambos foi de só cinco segundos.
A representación galega nesta xornada do Mundial de Maratón completouse co cuarto posto do betanceiro David Mosquera en C-1. ÿ a segunda vez na súa historial deportivo que termina neste lugar. Quedouse moi preto de poder conseguir a medalla de bronce. Foi superado por só 27 segundos polo húngaro Tamar Kiss.
A proba de C-1 consistía nun percorrido de 25,8 quilómetros e seis porteos, mentres que a carreira de K-1 foron 30,1 quilómetros e sete porteos. O gañador de C-1, o húngaro Marton Kavar, completouna en 2h:03:22 e o triunfador en K-1, o sudafricano Hank McGregor, fíxoo en 2h:10:34.
Para a xornada do domingo quedan as probas dos barcos dobres. Iván Alonso xunto a Emilio Merchán competirán en K-2, do mesmo xeito que o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza, que fará parella co asturiano Walter Bouzán. Na especialidade de C-2 estarán Tono Campos e Diego Romero, por unha banda, e ÿscar Graña e Ramón Ferro, por outro. As catro embarcacións son favoritas a conquistar algunha medalla.
Relacionadas:
-
Tono Campos regresa ao Breogán do Grove coa clasificación para Río 2016 como obxectivo principal
Por Redacción |
-
Broche de ouro nos Mundiais de Copenhague con ÿscar Graña, Ramón Ferro e Iván Alonso no máis alto do podio
Por Redacción |
-
ÿscar Graña, Ramón Ferro, Tono Campos e Diego Romero, a polas medallas do Mundial de Copenhague
Por Redacción |