O Ciudad de Pontevedra finaliza entre os dez primeiros no Campionato de España de Inverno
Por Redacción
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra finalizou en quinto lugar, con 2319 puntos, o Campionato de España de Inverno junior, sub23, sénior e paracanoe celebrado esta fin de semana nas instalacións do CEAR na illa de laCartuja en Sevilla.
As padeeiras Antía Jácome e Jennifer Casal foron as protagonistas do equipo pontevedrés, cruzando a liña de meta en segunda e terceira posición na categoría sénior feminina por detrás da madrileña María Corbera. Así mesmo, para o piragüismo de Pontevedra, Antía Otero proclamouse campioa de España en Sub 23 e Pablo Crespo fíxose co bronce na competición masculina. O ouro foi para o ribadumiense Manuel Fontán e o bronce para David Barreiro do Breogán do Grove.
En sénior masculino impúxose Diego Romero, do Breogán, Detrás del chegaron o seu compañeiro de equipo, Noel Domínguez, e o tudense Manuel Garrido.
Xa na modalidade de Kaiak, Irene Lata do Ría de Betanzos fíxose co subcampeonato. En categoría xuvenil, Valería Oliveira do Piragüismo Poio levou o ouro na carreira de C1, onde a catoiresa do As Torres, Rosalía García terminaba en terceiro posto. En representación masculina, o padeeiro do Náutico Rodeira, Raúl Estévez conseguiu a medalla de prata e Diego Domínguez do CMDC Breogán fíxose co bronce.
Finalmente, en paracanoe, Ramón Fernández do Cidade de Lugo proclamouse campión de España en KS1 e Enrique Navas do Breogán foi segundo en KL2.
En total, 16 medallas para o piragüismo galego: cinco ouros, seis pratas e cinco bronces.
Relacionadas:
-
Cinco medallas para o Ciudad de Pontevedra no Campionato Galego de Novas Promesas
Por Redacción |
-
Pontevedra postúlase como sede do Campionato de España de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
O piragüismo nacional reiníciase esta fin de semana co campionato de España de inverno
Por Redacción |
-
Ao redor de 550 piragüistas, no Campionato Galego de Inverno en Verducido
Por Cristina Saiz & Redacción |