Tripla ración de campionatos galegos de atletismo no CGTD
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra foi escenario este martes da presentación dunha tripla cita atlética que terá lugar nas súas instalacións.
Trátase por unha banda da XXXVII edición dos campionatos autonómicos de clubs en categorías Sub 16 e Sub 20, previstos ambos os dous para o sábado 22 de maio. A iso sumarase o día 29 o Campionato Galego Máster.
Á súa presentación acudiu o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, acompañado do concelleiro de Deportes, Tino Fernández, o delegado federativo David Ferrer e tamén o adestrador Santi Ferrer.
Segundo sinalaron, está prevista a participación de ao redor de 300 atletas en cada unha das categorías.
Os tres son "uns campionatos moi importantes dentro da oferta anual da Federación Galega" nunhas "pistas emblemáticas" dunha cidade "que aposta polo deporte", sinalou Hornillos.
En canto á programación, o día 22 de maio as probas do Campionato Gallego Sub 20 desenvolveranse en horario de mañá, desde as 9.30 horas, e as do Sub 16 en horario de tarde, a partir das 16.15 horas.
Para o edil Tino Fernández a organización destes campionatos é un síntoma de que "aos poucos imos recuperando a normalidade e o pulso habitual do deporte en Pontevedra", asegurou.
Relacionadas:
-
As pistas do CGTD serán este domingo o trampolín para os campionatos galegos de atletismo
Por Redacción |
-
Intensa xornada de atletismo no CGTD coa celebración dos autonómicos de clubs Sub 16 e Sub 20
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O equipo masculino da Gimnástica, rei das probas combinadas en Galicia
Por Redacción |
-
Cuarto posto na Copa de Europa de Lanzamentos para Diego Casas, atleta da Gimnástica
Por Redacción |
-
O atletismo pontevedrés ponse en forma no XLVII Trofeo Boa Vila
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O atletismo autonómico recupera a actividade con Pontevedra e Ourense como sede das súas competicións
Por Redacción |