O equipo infantil feminino da Escola Hungaresa de esgrima, campión de España
Por Redacción
A Escola Hungaresa logrou a fin de semana todo un fito, proclamarse por primeira vez na súa historia campión de España por equipos na modalidade de sabre.
Fíxoo con conxunto infantil feminino no Campionato de España de Esgrima que se celebrou na localidade madrileña de Galapagar, superando a outros equipos do clube que anos atrás lograran medallas de prata e bronce.
As responsables do éxito foron Pilar Garnelo, Ángela Nogueira e Inés Silva. Partían como principais cabezas de serie, polo que pasaron exentas á semifinal e superando primeiro á Sala de Armas de Madrid (45 a 26) e finalmente Club de Esgrima Barajas (45 a 31).
A nivel individual Pilar Garnelo avanzou na fase de grupos con só tres tocados en contra e como principal favorita. Así se plantou nas eliminatorias, eliminando á madrileña Valeria Verde e á calatala Elia Obón, e cedendo só nas semifinais contra a madrileña Medina por 15 tocados a 8.
Co bronce a pontevedresa finaliza a tempada do seu último ano de infantil como número 2 da clasificación nacional.
Pola súa banda Ángela Nogueira superou sen problemas a fase de grupos, caendo no cadro de 32 tiradoras #ante a madrileña Soleira.
Tamén competiron no nacional André Martín, Juan Ocampo e Samuel Ogando, formando o equipo masculino da Escola Hungaresa. Os tres pasaron a fase de grupos e avanzaron ata a rolda dos 32 mellores, na que cederon ante os seus respectivos opoñentes, o que deixou a Martín na 18ª posición, a Ocampo na 24ª e a Ogando na 32ª.