O prometedor escalador do Aromon, Xavi Carballo, alcanza o liderado da Copa de España sub 16
Por Redacción
O escalador da Escola Deportiva de Escalada do Club Aromon, Xavi Carballo, fíxose co primeiro posto da Copa de España de Escalada de Dificultade en categoría sub 16 celebrada a pasada fin de semana en Madrid.
O novo deportista, pertencente ao equipo de Tecnificación da Federación Galega de Montañismo, clasificouse para a fase final despois de quedar terceiro nos torneos clasificatorios. Na final, o pontevedrés foi capaz de impoñerse a escaladores doutras federacións como a valenciana, estremeña ou catalá, nas que a tradición da escalada é moito maior que en Galicia.
Con este triunfo, Carballo pasa a liderar a clasificación da Copa de España 2021 coa esperanza de manter o liderado nas dúas próximas probas previstas para Barcelona e Zaragoza.
Aos seus 14 anos, Xavi Carballo está a demostrar unhas calidades para o deporte da escalada "fóra do común, é un talento neste deporte", din del no seu club. Con todo, o seu reto máis inmediato será o campionato de España de seleccións autonómicas en idade escolar que se celebrará na cidade de Lugo entre o 22 e 25 de xullo.
Relacionadas:
-
O Club Aromon Pontevedra presume de campión de España de escalada con Xavi Carballo
Por Redacción |
-
Técnicas de procura e rescate de persoas perdidas no CGTD
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O pontevedrés Xavier Carballo saborea a prata na segunda cita da Copa de España de Escalada
Por Redacción |
-
O Club Aromon Pontevedra presume de liderado na Copa de España de Trail
Por Redacción |
-
Recibimento de altura para o novo escalador Xavi Carballo no Concello de Pontevedra
Por Redacción |
-
A escalada ábrese oco no deporte base da cidade
Por Redacción |