O Cisne renova a unha das súas novas promesas, Mateo Arias
Por Redacción
A canteira seguirá sendo protagonista no Club Cisne na segunda categoría do balonmán nacional. Esa é polo menos a intención da entidade pontevedresa, que este luns confirmou a renovación dunha das súas novas promesas.
Trátase do extremo esquerdo Mateo Arias, un dos xogadores que se formou desde pequeno nas súas categorías inferiores.
Aos seus 19 anos e tras poder gozar de minutos en Asobal, Mateo está chamado a gañar maior protagonismo no equipo a próxima tempada na División de Honra Prata, un reto que asegura afronta "con ilusión".
Trátase da quinta peza confirmada no novo proxecto do Cisne, tras as renovacións de Javi Vázquez, Preciado e Jorge Villamarín e a fichaxe do portugués Daniel Neves.
Relacionadas:
-
O Cisne volverá contar un curso máis con André de Moura
Por Redacción |
-
Alejandro Conde seguirá sendo xogador do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne segue coas renovacións e asegura un ano máis a Iván Calvo
Por Redacción |
-
Pablo Gayoso di adeus o Cisne despois de cinco tempadas
Por Redacción |
-
Javi Vázquez seguirá co Cisne na División de Honra Prata
Por Redacción |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe do portugués Daniel Neves
Por Redacción |
-
O Cisne renova a Jorge Villamarín e despídese de José Leiras
Por Redacción |
-
Álvaro Preciado, primeira renovación do Cisne
Por Redacción |
-
Gonzalo Carró pon fin á súa etapa no Cisne
Por Diego Espiño |