A segunda xornada da xira de balonmán praia fai escala esta fin de semana en Moaña
Por Redacción
As praias da Ría de Pontevedra seguen sendo escenarios deportivos. Despois da disputa da primeira xornada da xira de balonmán praia da Mancomunidade do Morrazo en Bueu, a caravana fai escala esta fin de semana en Moaña.
A competición comezan este venres pola tarde coas eliminatorias de categorías basee. O sábado, entre as 9.30 e as 20 horas, están previstos os encontros da fase de grupos das categorías sénior, mentres que o domingo terán lugar as eliminatorias, coa disputa da final ao redor das 17.30 horas na praia da Xunqueira.
A competición non cesa. O campionato do Morrazo concluirá a próxima semana en Cangas, para continuar logo co trofeo Xacobeo nos areais de Sanxenxo e Marín.