Pablo Porrúa, cuarta incorporación do Arosa: "Neste momento non hai mellor lugar para crecer"
Por Diego Espiño
A semana comezou con nova fichaxe no Arosa, a cuarta neste mercado estival pensando na próxima campaña na Segunda RFEF.
A nova incorporación é Pablo Porrúa, futbolista sub-23 natural de Bertamiráns que procede do Club Deportivo Estradense, no que militou as dúas últimas tempadas, tras pasar en categoría xuvenil polo RC Deportivo e estrearse en idade sénior no filial do Lugo, o Polvorín.
Trátase dun xogador que pode actuar tanto na mediapunta como nunha das dúas bandas, aínda que "prefiro xogar por dentro", explicou na súa presentación.
"Son unha persoa que quere crecer e creo que neste momento non hai mellor lugar para crecer", defendeu Porrúa asegurando que "creo que lle podo aportar moito a este Arosa", do que enxalzou á súa "afección, o clube que non deixa de ser un históricio, o campo...".
A entidade arlequinada xa tentou a súa incorporación o pasado ano, pero foi nesta ocasión co seu salto de categoría cando puido materializarse a operación.
Pablo Porrúa é a 12ª peza confirmada para o novo proxecto arosista xunto aos fichados Luis Nuño, Luismi e Diego Diz e os renovados Álex Cobo, Pedro Beda, Manu Táboas, Mon, Jorge Fajardo, Ross, Julio Rey e Sidibé.
Relacionadas:
-
O Arosa completa a súa liña defensiva coa fichaxe de Álvaro Denis
Por Redacción |
-
O Arosa inicia unha campaña histórica
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Arosa 'mima' o céspede da Lomba a unha semana de iniciar a pretempada
Por Redacción |
-
O Arosa renova o seu pelotón vigués: Campillo, Pedro García, Coti e Róber Fernández
Por Diego Espiño |
-
Alondras-Pontevedra e Arosa-Rápido de Bouzas na primeira rolda da Copa RFEF
Por Diego Espiño |
-
O Arosa blinda a súa portería coa renovación do heroe do ascenso, Álex Cobo
Por Almu Dapena |
-
Pedro Beda renova e apúntase ao reto do Arosa na Segunda RFEF
Por Redacción |
-
Continuidade no corpo técnico do Arosa para acompañar a Jorge Otero
Por Redacción |
-
O atacante Luis Nuño, terceiro reforzo do Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa segue coas renovacións e oficializa a continuidade de Manu Táboas e Mon
Por Redacción |
-
Luismi únese a Diego Diz na lista de fichaxes do Arosa
Por Redacción |