A Deputación apoia con 5.000 euros os deportistas pontevedreses clasificados para Tokyo 2021
Por Redacción
Os deportistas pontevedreses que competirán dentro dunhas poucas semanas nos Xogos Olìmpicos e Xogos Paralímpicos de Tokyo recibirán unha axuda extra da Deputación.
Así o anunciou a administración provincial tras o encontro mantido en Verducido polo deputado de Deportes, Gorka Gómez, coa piragüista Teresa Portela a poucas horas de emprender a súa viaxe cara ao país nipón para participar na súa sexta cita olímpica.
En concreto a Deputación lanzou unha liña de axudas na que investirá 75.000 euros e que supoñerá achegas de 5.000 euros a cada un deles.
"Estamos encantados cos nosos e nosas deportistas. A provincia que é o berce de moitísimos deportes, e especialmente hoxe que estamos con Teresa, cabe resaltar que somos unha potencia mundial en piragüismo", resaltou o deputado de deportes.
Esta liña únese ás axudas habituais para deportistas de alto nivel da provincia.
Relacionadas:
-
A Deputación crea a categoría A+ nas súas axudas a deportistas de alto nivel para dar protagonismo aos atletas con discapacidade
Por Redacción |
-
Ánimos a Juan Saavedra ante o reto dos Xogos Paralímpicos
Por Diego Espiño |
-
Últimos ánimos a Teresa Portela antes de viaxar aos Xogos de Tokyo "a por todas"
Por Diego Espiño |
-
A Deputación destina medio millón de euros ao deporte náutico da provincia
Por Redacción |
-
A Deputación recibe os clubs deportivos de elite da provincia nun "acto de orgullo"
Por Redacción |