Os mellores arqueiros de Galicia, na Devesa
Por Redacción & Cristina Saiz
O tiro con arco autonómico reúnese esta fin de semana en Pontevedra coa celebración do Campionato Gallego ao aire libre.
As instalacións do Club Boa Vila na Devesa acollen unha competición con dobre xornada, sábado 17 e domingo 18 de xullo.
Entre os asistentes destacan nomes importantes deste deporte como o pontés Miguel Alvariño, arqueiro que gañou o dereito para acudir a Tokyo en 2020 pero que tras o aprazamento dos Xogos Olímpicos quedou fóra do equipo nacional.
A cita é tamén unha oportunidade para que a local Maika Fernández, do Boa Vila, probe o seu momento de forma competindo antes de acudir ao Campionato de Europa na modalidade de 3D que se disputará do 30 de agosto ao 4 de setembro en Maribor, Eslovenia.