25 de xullo, data límite para o desenlace de Preferente
Por Redacción
Domingo 25 de xullo. É a data límite que fixou a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) para poder resolver a liga na categoría de Preferente, á que lle resta por xogar xornada decisiva tras encadeas casos de covid nos equipos implicados durante as últimas semanas.
Os tres partidos desa última data no grupo de ascenso (Villalonga-Barbadás, Arnoia-Cultural Areas e Juvenil Ponteareas-Gran Peña) debían celebrarse o 27 de xuño, pero foron pospostos ao detectarse un contaxio no Cultural Areas. Posteriormente, cando se ían a volver fixar, os test aos futbolistas revelaron novos positivos no Barbadás e na Gran Pena.
Agora a Comisión Delegada da RFGF aprobou fixar o vindeiro domingo como data límite, amparándose na decisión da Federación Española de poñer o día 28 como data tope para a inscrición dos equipos nas categorías nacionais, entre elas a Terceira RFEF.
Deste xeito, no caso de que a situación sanitaria impida xogar esta semana os encontros pendentes, darase validez á clasificación no momento da paralización en virtude do fixado na circular de competición.
Se isto sucede o Vilallonga, quinto clasificado, diría definitivamente adeus ás súas opcións de ascenso, xa que para lograr o salto de categoría debía vencer o Barbadás e esperar un empate noutro dos partidos.
Relacionadas:
-
O Villalonga supera o Barbadás pero queda ás portas do ascenso a Terceira (1-0)
Por Almu Dapena |
-
A última xornada de Preferente, aprazada de novo sen data por positivos por covid no Barbadás e o Gran Peña
Por Diego Espiño |
-
Aprazada por un caso de covid a última xornada de Preferente, na que o Villalonga apurará as súas opcións de ascenso
Por Redacción |